Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEMORIA DE LINGUAS E DE AUGAS

Poesía galega, occitana e catalá en Toulouse

A Casa de Galiza en Toulouse organiza os vindeiros 3, 4 e 5 de decembro o primeiro Encontro de Poesía e Poéticas Galega, Occitana e Catalá, titulado "Memoria de linguas e de augas". No encontro participarán máis de 25 escritores galegos, occitanos e cataláns, entre eles, Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Alex Susanna e Jordi Blanc. As xornadas están tamén organizadas en colaboración co departamento de Occitán da Universidade de Toulouse II, con INFOC, co Colectivo Occitán e o Casal Catalá de Toulouse.

- 13:13 22/11/2004
Tags:

Este encontro ten por obxectivo "irmandar linguas cinguidas de seu polo elo dunha problemática común, e que amosaron e amosan na súa tradición grandes afinidades poéticas e musicais. A música e a poesía ven sendo, pois, un vencello natural entre tres culturas propias, un vencello que tentamos de facer perenne".

O encontro constará de:

— Dous recitais de música e poesía,
— Unha mesa redonda onde saian á luz as vicisitudes e as expectativas destas linguas, a función e a vixencia das súas poéticas,
— Unha exposición bibliográfica

Toulouse acolle tamén institucións representativas das nosas culturas: o Casal Catalá, o Institut d’Estudis Occitans, ámbolos dous fundados en 1945, o Conservatorio Occitan, que se creou en 1971, ou a máis recente Casa de Galicia, fundada no ano 2000, para dar pervivencia ao seu patrimonio, a un rico fondo plural, froito de tantas e tan diversas migrazóns.

PROGRAMA:

3 de decembro:
Universidade de Toulouse-le-Mirail : sala N001
10 h Acollida dos escritores e editores convidados.
11 h Conferencia inaugural de Xosé Luis Méndez Ferrín para os estudantes da UTM.

Biblioteca Universitaria
15 h Discurso de acollida a cargo de don Rémy Pech, rector da Universidade de Toulouse-le Mirail.
16 h Inauguración da exposición bibliográfica « Mémoire de langues et d’eaux » en presenza dos autores, dos editores e do persoal da Bibliothèque Universitaire.
17 h Lecturas poéticas adicadas a Max Roqueta.

Instituto Cervantes
18 h 30 Presentación do filme de Margarita Ledo Andión « Santa Liberdade », en presenza da directora.

4 de decembro:
Instituto Cervantes
10 h Acto de apertura. Homenaxe a Max Roqueta.
11 h Mesa redonda : a producción poética occitana, galega e catalana e a súa difusión. Moderadora: Carmen Alén. Intervencións de Jordi Blanc, Peire Gamisans, Patrick Sauzet, Luís González Tosar, Jacques Gourc.

16 h Recital poético occitán
16 h 30 Interludio musical
16 h 45 Recital poético catalán
17 h 15 Interludio musical
17 h 30 Recital poético galego.
Lectura do Sirventès pola destrucción de Occitania en occitan.
18 h 30 Clausura pola coral popular de Colomiers : « De linguas e augas »
20 h 30 Cea cos socios da Casa de Galicia de Toulouse. Restaurante L’Enclos, Donneville.

5 de decembro
10 h 30 Visita da cidade vella. Toulouse en barco. Percorrido polo Garona. Xantar in situ.


Participación:

Anxo Angueira (escritor galego)
Carme Badia (xornalista, Universidade de Toulouse-Le Mirail)
Jordi Blanc (escritor occitán, filósofo, editor)
Modesto Fraga (escritor galego)
Enrique Fraga Liste (Universidade de Toulouse-Le Mirail)
Pierre Gamisans (Universidade de Toulouse-Le Mirail)
Maria Carmen Alén Garabato (Universidade de Montpellier)
Patric Gifreu (escritor catalán)
Joëlle Ginestet (Universidade de Toulouse-Le Mirail)
Luis González Tosar (escritor galego, presidente do Pen Clube Galicia)
Jacques Gourc (Universidade de Toulouse-Le Mirail)
Jep Gouzy (escritor catalán)
Bernardino Graña (escritor galego)
Olivier Lamarque (escritor occitán)
Margarita Ledo Andión (cineasta galega, xornalista, escritora)
Xosé Luis Méndez Ferrín (escritor galego, membro da Academia da lingua galega)
Chus Pato (escritora galega)
Xosé A. Pérez Bouza (lingüista, escritor galego)
Jacques Privat (poeta e pintor occitán)
Xesús Rábade (escritor galego, Universidade de Santiago de Compostela).
Susanna Rafart, (poeta catalana)
Patric Sauzet (Universidade de Toulouse-Le Mirail)
Alem Surre García (escritor occitán)
Alex Susanna (escritor catalán, traductor, editor)
Helena Villar Janeiro (escritora, xornalista, Universidade de Santiago de Compostela)

Entidades galegas colaboradoras:
Xacobeo 2004, Centre d’études galiciennes de Paris (CEGA), Pen Clube de escritores en lingua galega, Casa de Galicia de Bilbao.

Entidades cataláns:
Section de catalan de l’Université de Toulouse Le-Mirail.

Outras colaboracións:
UFR de langues de l’UTM, Département d’études hispaniques et hispano-américaines de l’UTM (Fátima Rodriguez-Cassagne, Enrique Fraga, Pierre Gamisans, Carme Badia, Jean Alsina), Instituto Cervantes de Toulouse, Casa de España de Toulouse, Université de Toulouse-Le Mirail, Pôle universitaire européen de Toulouse-Midi-Pyrénées.


0/5 (0 votos)