Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONSIDERAN INXUSTAS AS ACUSACIÓNS DE "MERCENARIOS"

Os ecoloxistas galegos apoian a campaña de Greenpeace contra o arrastre de profundidade

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, (ADEGA, a Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) enviaron un comunidado no que manifestan o seu apoio á campaña internacional impulsada pola Coalición pola Conservación dos Fondos Mariños contra o arrastre de profundidade en alta mar, seguramente a actividade ambientalmente máis destrutiva que ten lugar en alta mar. Tamén consideran "absolutamente inxustas as acusacións de mercenarios en contra dos intereses galegos dirixidas aos compañeiros e compañeiras de Greenpeace".

  • Os ecoloxistas galegos apoian a campaña contra o arrastre de profundidade
  • Os argumentos de Greenpeace: Protección para a "amazonía" do mar
  • As razóns do sector: A CIG-Mar critica a "acción demencial" de Greenpeace contra o "Praia de Menduíña"
  • Anteriores: Armadores e mariñeiros do arrastre protestan pola presenza do barco de Greenpeace en Vigo

  • - 14:02 18/11/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)