Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACUSAN OS ECOLOXISTAS DE "MERCENARIOS" E "PIRATAS VERDES"

Armadores e mariñeiros do arrastre protestan pola presenza do barco de Greenpeace en Vigo

Un grupo de preto de 500 persoas, segundo o Faro de Vigo, formado por armadores, familiares e tripulantes dos arrastreiros que faenan nos caladoiros de Hatton Bank, ao norte de Irlanda, protestaron no peirao vigués pola presenza do MV Esperanza, o buque de Greenpeace que acosou a tres arrastreiros galegos durante a campaña que realizou nas últimas semanas para pedir unha moratoria na pesca de arrastre de profundidade. Os manifestantes lanzaron ovos contra o barco ecoloxista, intentaron asaltalo, cortarlle os cabos de amarre nas bitas e penduraron parcantas coas súas reivindicacións, mentres proferían berros contra os ecoloxistas: "mercenarios", "piratas pintados de verde", "quen vos paga? Noruega? Canadá?". Os ecoloxistas aseguraron que nin esperaban nin comprenden esta protesta.

  • Os argumentos de Greenpeace: Protección para a "amazonía" do mar
  • As razóns do sector: A CIG-Mar critica a "acción demencial" de Greenpeace contra o "Praia de Menduíña"
  • Anteriores: A ONU renuncia a prohibir a pesca de arrastre

  • - 08:45 18/11/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)