Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE SOBRE OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA O 2005

PP e PSOE converten o debate dos orzamentos nunha tirapuxa electoral

O conselleiro de Economía, Xosé Antón Orza, mudou o ton do seu discurso habitual e utilizou a intervención parlamentaria de presentación dos orzamentos da Xunta de 2005 para acusar ao PSOE e ao goberno de español de non ter en conta os intereses de Galiza. Orza lembrou que o Plan Galiza era a explicitación dun compromiso do estado coa comunidade que "a colocaba definitivamente no primeiro nivel das prioridades en investimentos do goberno central". Non obstante, para o conselleiro, "desde aquel momento pasaron tantas cousas que resulta difícil manter a afirmación anterior". O orzamento da Xunta para 2005 ascende a 9.090,33 millóns de euros, un 11,36% máis ca no presente exercicio. Está previsto tamén un endebedamento neto de 129 millóns "que non supón a renuncia ao equilibrio orzamentario", segundo o conselleiro.

  • Beiras critica uns orzamentos "inflados" ante a proximidade das eleccións
  • Touriño: "os orzamentos son a fotografía dun goberno sen futuro"

  • - 17:23 17/11/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)