O ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, pediulle ao presidente da Xunta, Manuel Fraga, e ao presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, Francisco Vázquez, que interveñan perante o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, para que retire a campaña contra o goberno israelí promovida polo concello. Moratinos recoñeceu onte que a campaña "insulta e ofende gravemente a un primeiro ministro democraticamente elixido dun país amigo de España". A prensa israelí fíxose eco, con duras críticas, da campaña do concello de Oleiros.