A presión do goberno español vía Unión Europea foi decisiva para que as Nacións Unidas non propuxesen medidas para a paralización dunha actividade pesqueira altamente agresiva cos ecosistemas mariños. Os criterios políticos impóñense así aos científicos, que avalaban as denuncias ecoloxistas, aínda deixando a porta aberta para que as organizacións pesqueiras rexionais se pronuncien sobre o asunto. O pequeno logro: a posibilidade de creación dun grupo de traballo sobre biodiversidade mariña nos espazos que están fóra das lexislacións estatais. Este mércores chega a Vigo o MV Esperanza, o barco de Greenpeace que vén protagonizando a campaña contra o arrastre.