Capitán, armador e propietario do buque, dunha banda, e o goberno central, pola outra, aparecen coma obxectivo das imputacións xurírico-penais, pola súa responsabilidade no control do risco que supuña o Prestige. As bandeiras de conveniencia, dificultades para a inspección e o rexeitamento na UE para a obrigatoriedade de sancións penais contra os responsábeis da contaminación, están entre os problemas.