Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O BNG ACUSA AO PP DE QUERER MANIPULAR O PROCESO ELECTORAL

PP e PSOE aproban a ampliación do prazo do reconto do voto emigrante

O PP e o PSOE aprobaron que se admitise a trámite un proxecto de lei para modificar a Lei Electoral de Galiza para ampliar de 3 a 8 días o prazo para iniciar o reconto dos votos emigrantes. O BNG votou en contra. O voceiro nacionalista, Alfredo Suárez Canal, considera que con esta medida "o que se está facendo é ampliar os mecanismos de manipulación do voto". Para o PP, a ampliación do prazo de reconto contribúe a "dignificar, espetar e ter en conta" o voto da diáspora galega". A modificación será tramitada por vía de urxercia e estará en vigor para as próximas eleccións autonómicas.

- 13:33 09/11/2004
Tags:

Tanto o BNG como o PSOE, a pesar de que o grupo socialista votou a favor, acusaron ao PP de intentar "manipular e denigrar" aos emigrantes coa fin de "perpetuarse no poder". Suárez Canal, do BNG, indicou que a ampliación do prazo de reconto dos votos non supón ningunha "limpeza" do proceso electoral, xa que non hai un "control fidedigno" do envío destas papeletas porque este proceso se realiza con empresas privadas de correos. Suárez Canal criticou que o PP non quixera introducir outros cambios na lexislación para dignificar o proceso electoral na emigración como habilitar mesas con interventores noutos países, elaborar censos electorais actualizados "para evitar o mecadeo" ou establecer medidas para asegurar que os correos chegen a Galiza coas máximas garantías. O voceiro nacionalista concluiu que esta modificación da Lei Eelectoral introduce "máis nebulosa" nos comicios e non equipara aos cidadáns do exterior cos residentes en Galiza.

O voceiro do PP, Manuel Ruiz Rivas, considera que as críticas da oposición son "un ataque en toda regra" ao sistema electoral actual, do que dixo que é "o máis rigoroso do mundo". Acusou aos grupos da oposición de "torpedear a liña de flotación sobre as garantías do voto libre" e de "pesarlles máis" o que votan os emigrantes que o proceso en si. Segundo o PP, o prazo de tres días é "insuficiente" para realizar o reconto do voto da emigración, polo que é necesario amplialo cinco días máis. Sobre todo, para os "populares, en Galiza, que conta cun censo de residentes ausentes que supón o 10% do censo electoral e os emigrantes están asentados na súa maioría en países de Latinoamérica, con deficientes servizos de correo postal.

Desde o grupo socialista, Pablo López Vidal defendeu o dereito ao voto dos emigrantes "en igualdade de condicións e con garantías". López Vidal defendeu o Estatuto da Emigración elaborado polo PSdeG que aposta pola igualdade de dereitos e unha reforma electoral en profundidade, garantir o dereito ao voto directo nas urnas e mellorar o voto por correo, "perfeccionando garantías".


0/5 (0 votos)