Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE NO PPdeG

Fraga aposta por adiar debates pero nega o adianto das eleccións

"Se cadra é mellor agardar o resultado das eleccións para comezar co debate en serio". Malia esforzarse por rexeitar as acusacións de "goberno paralizado" que chegan dende a oposición coas últimas reviravoltas da crise do PPdeG, o presidente da Xunta recoñecía así a súa vontade de adiar o diálogo sobre a reforma do estatuto, tema chave hai unhas semanas.

- 08:16 05/11/2004
Tags:

"A administración galega funciona a todo gas", sentenciou este xoves logo do consello de Xunta, insistindo en negar que a crise do partido vaia afectarlle ao seu goberno ou estea paralizando a actividade da Xunta. Na mesma semana en que admitiu que podería haber novos cambios no goberno galego e en que o vicepresidente presuntamente mellor colocado para a sucesión, Alberto Núñez Feijoo, ameazou con presentar a demisión, Manuel Fraga insiste: "Xa lle gustaría á oposición ter un partido tan sólido coma o noso".

"Seguirei se deus quere e vostedes non me acaban coa paciencia", declaraba Manuel Fraga hai uns días fronte aos xornalistas. E a paciencia non caracterizou precisamente as súas últimas intervencións fronte aos medios, onde reiterando a negativa ás preguntas sobre os últimos acontecementos no seu partido, afirmou que "perden o tempo" e "todo o que hai que dicir está dito".

Ás voces da preocupación por unha crise interna que vén lastrando a actividade do goberno galego as últimas semanas, uníase a Confederación de Empresarios Galegos, que por boca do seu presidente, Antonio Fontenla, amosaba o disgusto do sector empresarial pola inestabilidade existente e dicía agardar que todo se tivese solucionado "definitivamente".


Ligazóns

0/5 (0 votos)