Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTRA O ARRASTRE DE PROFUNDIDADE

Greenpeace tenta paralizar a actividade dun arrastreiro galego no Atlántico Norte

Os activistas de Greenpeace no Atlántico Norte interceptaron o arrastreiro galego "Praia de Menduíña" e colocaron unha pancarta no casco do barco co lema "UE: destrutora das profundidades mariñas". Segundo informa a organización ambientalista, un barco de Greenpeace seguiu ao "Praia de Menduíña" desde a tarde do sábado en augas do Hatton Bank, a 400 quilómetros ao noroeste de Irlanda.

- 16:02 25/10/2004
Tags:

Os activistas localizaron 41 quenllas de profundidade, un gran caranguexo araña, estrelas de mar e outras especies lanzadas ao mar desde o barco galego. Greenpeace fíxolle un chamamento ao capitán do arrastreiro para que "cesara a súa actividade" e logo de que o barco continuase a faenar os ecoloxistas intentaron detelo con zodiacs.

Para Greenpeace, "a Unión Europea e, en particular, o goberno español están bloqueando as negociacións que comezan hoxe na ONU para deter a pesca de arrastre de profundidade en augas internacionais".

Segundo a organización ecoloxista, "só once nacións son responsábeis do 95% das capturas mediante esta arte e España é a responsábel do 40 por cento delas. A falta de acción por parte dos gobernos de todo o mundo para deter esta forma de pesca destrutiva convérteos nos responsábeis da destrución de hábitats únicos".


0/5 (0 votos)