A maioría de países productores de petróleo son exemplo dos altos niveis de corrupción en todo o mundo que están freando o desenvolvemento. O colectivo Transparency International presentou este mércores o seu estudio anual Índice de Percepción da Corrupción .
"A corrupción a gran escala nos proxectos públicos está converténdose nun obstáculo chave para o desenvolvemento sostíbel e amósase na gran perda de fondos necesarios para educación, asistencia sanitaria ou loita contra a pobreza. O problema aparece tanto nos países desenvolvidos coma nos que están en vías de desenvolvemento", dixo en rolda de prensa Peter Eigen, o director da organización internacional.
Especialmente significativa é a situación nos países ricos en petróleo, onde "a competencia nas licitacións públicas está afectada pola desaparición dos ingresos, que rematan nos petos dos directivos das sociedades petrolíferas occidentais, dos intermediarios e dos funcionarios locais", acusou. Dende Transparency International defenden a petición aos gobernos occidentais para que obriguen ás compañías petroleiras a publicaren os pagamentos por comisións a gobernos e empresas estatais. A publicación destes datos serviría, segundo o colectivo, para diminuír as posibilidades da existencia de subornos, deica agora práctica habitual.
"Si queremos alcanzar los objetivos del milenio en el desarrollo, como el de reducir el número de personas sumidas en la pobreza extrema antes de 2015, los gobiernos deben atacar seriamente la corrupción en la adjudicación de las licitaciones públicas", sugirió Eigen.
Na clasificación deste ano repiten polos postos de arriba Finlandia, con 9.7 puntos sobre 10; Nova Celandia, 9.6; Dinamarca, 9.5; Islandia, 9.5; Singapur, 9.3; Suecia, 9.2 e Suíza cun 9.1. Da UE están tamén Holanda, Reino Unido ou Alemaña por riba do 8. Entre 7 e 8 están Bélxica, Irlanda, Francia ou España.