Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE NO CONGRESO

Porta aberta para a voz galega nos Consellos de ministros da UE

Representantes do goberno galego poderán estar nos consellos de ministros da UE que traten de Agro e Pesca, Medio Ambiente, Cultura e Educación, e Asuntos Sociais. O presidente do goberno central prometeu este mércores na sesión de control no Congreso que proximamente presentará unha proposta formal para regular esta participación autonómica.

- 06:05 07/10/2004
Tags:

Segundo Zapatero, a intención do executivo é facilitar que representantes das comunidades autónomas estean presentes nas delegacións do Estado español na Unión Europea. Asimesmo, definirase o dereito das autonomías a recorrer ao Tribunal Europeo de Xustiza en defensa das súas competencias e a participación no comité de representantes permanentes da UE.

Dende Galiza tíñase insistido especialmente na necesidade de ter voz en xuntanzas sobre temas de agro e pesca de importancia estratéxica para a nosa comunidade. A petición fora realizada dende o propio goberno galego en reiteradas ocasións na anterior lexislatura, recibindo sempre a negativa do anterior executivo liderado por José María Aznar.


Ligazóns

0/5 (0 votos)