A resolución da crise do PPdeG, para Anxo Quintana, non depende "nin de Fraga, nin de Rajoy, nin do Congreso do PP, nin do Cónclave do Vaticano", senón do pobo galego "se se lle dá a voz". O portavoz nacional do BNG sinalou que se aos galegos se lles convoca ás urnas, "haberá outro goberno, xente nova para enforntarse aos grandes retos de Galiza".
Para Quintana, a crise do PPdeG está resolta, pero "por elevación", xa que para a dirección do PP "Galiza non existe, o PPdeG non existe e o PPdeG só ten virtualidade para dicir "amén" a todo o que diga Rajoy".
Quintana engadiu que tras tres días de Congreso do PP e máis de 20 discursos, "non houbo nin unha soa mención a Galiza nin por parte do secretario xeral do PP, Mariano Rajoy, nin por parte do presidente galego, Manuel Fraga. "Falouse do Plan Hidrolóxico Nacional e nin unha soa palabra do Plan Galiza", sinalou.