A crise do PPdeG "vaise arranxar pola boas, entre amigos e irmáns", segundo declarou esta mañá o presidente da Xunta, Manuel Fraga. Engadiu tamén unha frase que non despexa ningunha dúbida sobre a posibilidade do adianto das eleccións: "foi algo no que se pensou por se fose necesario, pero en definitiva non é un obxectivo en si mesmo". Fraga non realizou ningunha declaración máis sobre este asunto porque está "algo apretado de tempo" pola celebración mañá do Debate sobre o Estado da Autonomía. Tampouco quixo precisar cando se ía volver xuntar con Baltar para resolver a ameza de escisión dos populares ourensáns.