Á previsíbel entrada na executiva "popular" do conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijoo, próximo en Galiza ao sector de Mariano Rajoy, uniuse este domingo o outro recente vicepresidente galego, o lugués Xosé Manuel Barreiro. A cara amábel no eido "cacharrista" gaña así un posto que inicialmente ía ocupar o alcalde ourensán, Manuel Cabezas, enfrontado co presidente deputación provincial. Barreiro, que podería ser o home de consenso para "boinas" e "birretes" soa tamén como posíbel substituto de Xosé Palmou coma secretario xeral do PPdeG, outra das renuncias que esixiría o sector de Baltar.