Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BALTAR E CUÍÑA NON ACODEN AO XV CONGRESO DO PP ESPAÑOL

Finalmente Cabezas e Porro non estarán na Executiva popular

Puido ser porque non ou para evitar tensións e provocacións, pero ao final Manuel Cabezas, alcalde de Ourense e principal rival político de Xosé Luís Baltar na provincia, non estará no Comité Executivo do PP. Do seu XV Congreso saíron os nomes de seis galegos para o máximo órgano popular, de entre máis dunha sesentena de persoas: Fraga (presidente de honra), Rajoy (presidente), Xesús Palmou, Alberte Núñez Feixoo, Xosé Manuel Barreiro e Ana Pastor. Os ruxerruxes apuntaban os nomes de Cabezas e da alcaldesa de Vigo, Corina Porro, en reforzo do sector birretista, pero ao final caeron das quinielas. O Comité Executivo entrante achega un 50% de caras novas, e repártese en parellas proporcións entre renovadores e continuadores. Nin Baltar nin Cuíña acudiron ao Congreso, aínda que si o fixeron algúns dos alcaldes fieis.
Anteriores:
O sector do PPdeG afín a Rajoy sairá reforzado do Congreso "popular"
Baltar asistirá ao Congreso do PP mentres espera a chamada de Fraga

- 11:40 03/10/2004
Tags:


0/5 (0 votos)