Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE NO PPdeG

Baltar asistirá ao Congreso do PP mentres espera a chamada de Fraga

O presidente do PP en Ourense, prepara a maleta para asistir en Madrid ao Congreso do Partido Popular, mentres espera a chamada telefónica que Fraga lle prometeu "unha vez que retomase a súa actividade normal". "Eu non fixen ningunha xestión porque non teño ningún interese en que se solventara a crise nin antes do congreso nin despois", sinalou Baltar.

- 12:11 01/10/2004
Tags:

Segundo informa Europa Press, en relación coas declaracións do conselleiro López Veiga sobre o enriquecemento dos cargos públicos, Baltar dixo non darlle "maior importancia" porque non se sente "aludido".

Máis crítico foi o presidente da Deputación ourensá coa vicepresidenta do parlamento, Inmaculada Rodríguez, á quen recriminou que esixa democracia cando ela "foi nomeada número 1 da lista directamente polo presidente do PPdeG". Pero se quere democracia, sinalou, os populares someterán as listas a todos os órganos que correspondan, para demostrarlle que son demócrata".

Sobre un posíbel adianto das eleccións, Baltar asegurou que Fraga é "moi libre de facelo", aínda que insistiu en que o apoio institucional estará, pola súa parte, "garantido".


0/5 (0 votos)