O XV Congreso do Partido Popular non despexará as principais incógnitas que penden sobre a crise dos "populares" galegos, pero sen dúbida dará pistas sobre a súa posíbel resolución a vindeira semana. A probábel substitución de Xosé Cuíña por Alberto Núñez Feijoo na executiva do partido interprétase como unha aposta decidida da dirección "popular" polo sector máis próximo a Rajoy e, por tanto, como unha constatación de que desde Madrid non van permitir que Baltar e os seus aliados logren acordos vantaxosos mediante manobras supostamente arredistas.