Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CANDIDATURA A PATRIMONIO DA HUMANIDADE NA UNESCO

O Cumio Hispano-Luso e o patrimonio oral e inmaterial galego-portugués

As entidades que promoven a candidatura na UNESCO do Patrimonio Oral e Inmaterial galego-portugués esperan que no Cumio Hispano-Luso que se celebra o venres en Compostela se asine o acordo de presentación da candidatura. A inciativa vense elaborando desde a VIII edición da xornada de radio interescolar Ponte...nas ondas! en que os centros educativos decidiron abordar o patrimonio inmaterial común a ambos pobos. Nestes momentos está en mans do goberno portugués e conta co apoio da Xunta de Galiza e o Ministerio de Cultura. Trátase da primeira candidatura a nivel mundial en ser promovida conxuntamente por centros educativos de dous países e tamén a primeira en participar escolas da rede PEA-UNESCO.

- 11:52 30/09/2004
Tags:

Os traballos de elaboración da candidatura están a punto para ser presentados antes do 15 de outubro en París, data límite para a presentación das candidaturas que optará á 3ª proclamación das Obras Mestras do Patrimonio Inmaterial. No proceso de creación participaron institucións culturais, antropólogos, centros universitarios, asociacións etnográficas e culturais de Galicia e do Norte de Portugal.

O dosier elaborado baixo o título " A TRADICIÓN ORAL GALEGO-PORTUGUESA. SIMBOLOXÍA E APROPIACIÓN DO MEDIO NATURAL ", contou co asesoramento do Centro de Antropoloxía Aplicada da Universidade Fernando Pessoa do Porto e o Consello da Cultura Galega. No traballo faise unha detallada e fundamentada argumentación da orixe común deste patrimonio e das manifestación de excelencia que a Unesco deberá examinar. Entre outras manifestacións, destácase a regueifa ou os cantos ao desafío, os cantares e lendas e as expresións vinculadas ao ciclo agro-marítimo, os oficios, as formas simbólicas, ornamentais e musicais e os ámbitos festivos.

Unha rede de centros educativos xa se constituíron formalmente como ESCOLAS PROMOTORAS da Candidatura, mediante acordos unánimes das comunidades educativas. Concellos e outros organismos expresaron e enviaron documentos de apoio á candidatura, como os de Vigo, Pontevedra ou a Real Academia Galega.


0/5 (0 votos)