O presidente da Xunta suspendeu todos os actos oficiais previstos para hoxe a causa de "problemas gastro-intestinais" que lle causaron "un pouco de diarrea e algúns gómitos", segundo anunciou o conselleiro de Sanidade, Xosé Manuel González. Fraga tiña previsto entrevistarse esta tarde co portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana e co presidente do PP de Ourense, Xosé Luís Baltar. A xuntanza con Baltar é decisiva para coñecer se se confirma a escisión dos rebeldes ourensáns. O conselleiro de Sanidade sinalou que Fraga dedicará esta tarde a "descansar e recuperarse" na súa residencia do Monte Pío, en Santiago.