Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE NO PPdeG

Baltar decide hoxe se move os marcos da leira ourensá

Todas as posibilidades continúan abertas no día que remata o prazo que Fraga e Baltar estableceron para facer pública unha decisión sobre o futuro do Partido Popular en Ourense. Nin sequera se sabe con certeza se a xuntanza terá lugar, no caso de que a escisión se confirme durante a xornada. Mentres a dirección do PP en Madrid cala e entrega toda a responsabilidade da solución da crise á capacidade de negociación de Fraga, a dirección galega emite unha mensaxe case unánime: "o acordo aínda é posíbel". Desde Ourense, chegaron ventos de distensión na fin de semana, pero sen soltar as mans da corda da tirapuxa. Un repaso á prensa de hoxe ofrece versións diversas, segundo lles vaia na feira: desde os que dan por feito o acordo ata os que aseguran que a escisión é xa unha realidade.

  • Anteriores: Fala Cacharro e defende a Baltar

  • - 07:25 27/09/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)