Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE NO PPdeG

Baltar manterá o suspense ata o luns

"Se tivese a decisión tomada non faría falta a reunión do luns para nada". Baltar adía ata despois da xuntanza con Fraga o vindeiro luns o anuncio de se vai chegar ata o final na tirapuxa que mantén coa dirección do PP, tanto en Galiza como en Madrid. A reunión de onte co vicepresidente primeiro da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, acabou como comezou, sen ningún acordo. "Nin se achegaron posturas nin se desfixeron, só se fixo unha análise da situación", engadiu Baltar.

  • Anteriores: De xuntanza en xuntanza ata a ruptura final

  • - 12:48 24/09/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)