Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE DO PPdeG

De xuntanza en xuntanza ata a ruptura final

A xuntanza de máis de tres horas entre Baltar e Núñez Feijoo, rematou en "desastre", segundo fondes da Xunta citadas polo Faro de Vigo. Os intentos por parte de Fraga de evitar unha ruptura que deixaría ao PP sen a maioría absoluta no parlamento e conduciría á convocaria de eleccións anticipadas están no camiño do fracaso. Os rebeldes ourensáns, encabezados polo presidente da Deputación, non aceptaron as propostas de Núñez Feijoo quen lle ofreceu, segundo fontes baltaristas, autonomía plena para elaborar as listas municipais e autonómicas, propoñer novos conselleiros e o relevo do alcalde Manuel Cabezas e do secretario xeral do partido, Xesús Palmou. A última oportunidade de reconducir os rebeldes ao curro fraguiano tena o propio Fraga na reunión que manterá con Baltar o vindeiro luns. Mentres tanto, Fraga partiu fóra de Galiza en viaxe privada.

  • Anteriores: Fraga afirma que podería adiantar as eleccións, "segundo a evolución da crise"

  • - 09:47 24/09/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)