Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE NO PPdeG

Fraga afirma que podería adiantar as eleccións, "segundo a evolución da crise"

Fraga adiou anunciar a súa decisión de adiantar as eleccións previstas para outubro de 2005, pero asegurou que o faría "segundo a evolución" da crise do PP provocada pola rebelión ourensá dos partidarios de Baltar. Preguntado sobre a posibilidade do adianto electoral, Fraga utilizou o mesmo esquema retórico que emprega en tantas ocasións: negar por diante a premisa maior e acto seguido deixar a porta aberta ao seu cumprimento. Despois de dicir que "non entra nos meus cálculos, non o fixen nunca e non o creo necesario", o presidente da Xunta recoñeceu que "podería cambiar de opinión segundo a evolución" dos acontecementos. Para Fraga, as declaracións de Baltar de que respectaría a "lealdade institucional" aínda en caso de escisión é garantía de abondo para acabar a lexislatura.

  • Anteriores: Fraga podería convocar eleccións antes de fin de ano
  • Poden escoitar aquí en MP3 a rolda de prensa completa do presidente da Xunta

  • - 12:34 23/09/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)