Fraga está considerando a posibilidade de adiantar as eleccións como única reacción política posíbel á crise provocada pola decisión de Baltar de abandonar o PP e formar un grupo político propio. Mesmo no caso de chegar a un acordo co cacique ourensán, a marxe de manobra de Fraga é cada vez máis escasa. Como sinala Xosé Luís Barreiro Rivas, o presidente da Xunta está enguedellado nun dilema: "porque se cede ás presións dos ourensáns se converte nunha marioneta en máns dos baróns provinciais e, se non cede, a súa derrota electoral parece inevitábel". Con todo, o vicepresidente primeiro, Alberto Núñez Feijoo, desprázase hoxe a Ourense para entrevistarse con Baltar co obxectivo de preparar a reunión definitiva entre Fraga e o presidente ourensán o vindeiro luns.