O nomeamento das dúas novas vicepresidentes da Xunta responde, segundo Fraga, a que o presidente necesita máis tempo para dedicalo aos novos problemas políticos suscitados neste momento de "crise mundial" e de "crise de todos os partidos en Galiza". Fraga compareceu esta mañá no parlamento para responder ás preguntas presentadas polo PP e o BNG sobre os motivos dos últimos cámbios na Xunta. Despois do rebumbio organizado no PPdeG pola posíbel escisión dos "populares" ourensáns, Fraga sinalou que as crises afectan a todos os partidos e son "absolutamente lóxicas porque pasaron moitos anos e as circunstancias cambian".