Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BALTAR NIN CONFIRMA NIN DESMINTE A ESCISIÓN

"Todo pode acabar ben, regular ou mal"

A última remodelación do goberno galego foi, para Baltar, "a pinga que ateigou o vaso", aínda que o malestar "viña de máis atrás". En delcaracións aos medios de comunicación, o presidente da Deputación de Ourense non se pronunciou sobre a posíbel escisión dos deputados ourensáns, "nin confirmo nin desminto", porque acordou con Fraga o prazo dunha semana para tentar solucionar a crise e volver reunirse "para darlle unha segunda oportunidade" ao goberno.

- 21:07 21/09/2004
Tags:

Baltar remitiuse ao pacto de silenzo con Fraga para non dar por definitiva ningunha opción, aínda que puntualizou que el non impuxo "censura sobre ninguén" máis que sobre el mesmo.

O presidente provincial do PP negou que falara previamente cos alcaldes que supostamente se sumarían á escisión, aínda que recoñeceu que conversa con rexedores que o chaman porque "están preocupados".

Baltar asegurou que a negociación coa dirección galega do partido segue aberta e sinalou que "todo pode acabar ben, regular ou mal", pero garantiu que en todo caso os deputados ourensáns que decidan escindirse non porán en perigo a maioría absoluta do PP no parlamento durante esta lexislatura. "Creo que todos somos leais institucionalmente e aí si que, pasase o que pasase, iso non levaría consigo ningún movemento de tipo institucional nin a nivel da Xunta, do parlamento nin onde eu poida garantir iso", engadiu.


0/5 (0 votos)