A decisión de Baltar pon en perigo a maioría absoluta do PP e a reelección de Fraga como presidente da Xunta nos comicios de 2005. O secretario xeral do PPdeG, Xesús Palmou, cualificou de "pura especulación" o abandono de Baltar e inistiu en que as conversas entre Fraga e o presidente da Deputación de Ourense "continúan abertas".
Durante a cea, Fraga ofreceulle a Baltar liberdade para confeccionara as listas na provincia para as eleccións do próximo ano, a destitución do secretario xeral do PPdeG, Xesús Palmou e consensuar a nova persoa que ocuparía o seu lugar, segundo as fontes consultadas pola Axencia EFE.
Ademais, Fraga comprometeuse a recuperar a Xosé Cuíña nas listas de Pontevedra para as vindeiras eleccións de 2005.
Os cinco deputados que acompañarían a Baltar serían Miguel Santalices, Roberto Castro, Xosé Manuel Baltar, María Xosé Caldelas e Maximino Rodríguez, pero non se descarta que o número aumente mesmo entre deputados doutras provincias.
O PP goberna en 75 dos 92 concellos de Ourense e, segundo algunhas fontes, 60 deles apoian ao presidente provincial. Desta forma Baltar conservaría sen problemas a Deputación.