Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O EXÉRCITO RUSO CONTROLA A ESCOLA OCUPADA

Máis de 300 feridos foron transladados aos hospitais de Osetia

"Case todos os reféns están vivos", anunciou o gabinete especial de crise da administración rusa logo da entrada de forzas especiais na escola onde permanecían aínda secuestrados ducias de persoas, entre cativos, pais e profesores. As últimas novas dende o lugar do conflito aseguran que seguen escoitándose explosións e disparos.

- 12:49 03/09/2004
Tags:

Dende a BBC aseguran que un grupo de entre 30 e 70 reféns conseguiron escapar do edificio e hai imaxe de cativos feridos foron sacados por soldados. Ademais, varias partes da construcción escolar teríanse derrubado.

Catrocentas persoas, alumnos de entre 7 e 17 anos, profesores e persoal dunha escola no sur de Rusia eran retidos por un grupo de preto de 20 homes armados, aínda que algunhas fontes elevaban o número de secuestradores ata preto de corenta. O goberno ruso asegurou que os asaltantes dispoñían ademais de cinturóns con explosivos que ameazaban con activar se a policía tentaba entrar.

O secuestro produciuse o 1 de setembro, día oficial da volta á escola na rexión, polo que entre os reféns había tamén varias ducias de parentes dos cativos que os tiñan acompañado ao colexio. A escola asaltada está na rexión de Beslan, cidade de 40 mil habitantes en Osetia do Norte. Os secuestradores pedían a liberación de presos chechenos que permanecen no cárcere na veciña rexión de Ingushetia. O grupo negouse a negociar coas autoridades e amaeazou con volar o edificio malia non ter posto prazo.


Ligazóns

0/5 (0 votos)