Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE NO CÁUCASO

Os asaltantes do colexio ruso liberan 26 reféns

O comando que mantén retidas a arredor de 350 persoas nunha escola da cidade de Beslan, na república rusa de Osetia do Norte liberou 26 reféns grazas á mediación de Ruslan Auxev, ex presidente de Inguxetia, segundo fontes do voceiro do gabinete de crise do goberno ruso. Vladimir Putin desbotou que se fose a producir un ataque do exército ruso sobre a escola e que o prioritario era a vida dos retidos. Pouco antes da liberación dos 26 reféns tiveron lugar varias explosións nos arredores do centro educativo provocadas por granadas de fusil. As mesmas fontes aseguraron que doce persoas morreron durante o asalto, entre eles un dos integrantes do comando.

  • Anteriores: Doce persoas morreron no asalto á escola de Osetia

  • - 15:19 02/09/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)