"Dirixímonos a vostede para reclamarlle que o seu goberno aposte clara e inequivocamente polo cumprimento do dereito internacional no caso do pobo saharauí". Os galegos Agustín Fernández Paz, Jaureguizar, Manuel Rivas, Suso de Toro, Xabier Docampo, Fran Alonso ou Lino Braxe están entre os escritores asinantes da petición ao executivo.
Escritores, intelectuais e artistas reclámanlle ao presidente do goberno unha actitude coherente na defensa da legalidade internacional, e pídenlle que do mesmo xeito que no caso de Iraq, o goberno amose o seu compromiso cos acordos da ONU neste caso, "orientando na mesma dirección as súas posicións sobre o Sáhara, ilegalmente ocupado por Marrocos".
"Lembrando que España contribuiu no seu día a crear unha situación dramática e profundamente inxusta, pedímoslle ao goberno e ao seu presidente que contribúa igual de decisivamente á súa solución". Así, preto de 200 escritores asinan unha carta dirixida a José Luis Rodríguez Zapatero, na que lle piden que non ceda fronte a Marrocos e defensa a autodeterminación do pobo saharauí.