ADEGA denuncia que a consellaría de Medio Ambiente non poña en marcha un plan de xestión da poboación de lobos en Galiza baseado en criterios científicos, ecolóxicos e sociais. A asociación ecoloxista sinala ademais que a propia consellaría autorizou ao Xefe de Servizo da Delegación de Caza e Pesca Fluvial de Lugo a "cazar lobos ao seu libre albedrío, en esperas nocturnas e en época de cría". Para ADEGA esta acción foi desenvolvida "de costas á sociedade, ás sociedades de cazadores e dos grupos ambientalistas".
Reproducimos de seguido o comunicado íntegro de ADEGA:
A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE CAZA DIRECTAMENTE LOBOS DE XEITO INDISCRIMINADO E IGNORA O SEU PROPIO PLAN DE XESTIÓN DA ESPECIE
Coa excusa da existencia de danos ao gando por parte do Lobo (Canis lupus), a Consellería de Medio Ambiente autorizou a que o propio Xefe de Servicio da Delegación de Caza e Pesca Fluvial de Lugo cazara directamente lobos ao seu libre albedrío, en esperas nocturnas e en época de cría. Dita autorización foi asinada polo Delegado da Consellería en Lugo. Ignoramos os criterios cos que se efectuou dita autorización, así como os resultados da mesma. É destacable que esta acción foi desenvolvida ás costas da sociedade, das sociedades de cazadores e dos grupos ambientalistas. Igualmente noutros puntos de Galicia leváronse a cabo batidas indiscriminadas en plena época de cría.
ADEGA denuncia que a consellaría de Medio Ambiente non poña en marcha un plan de xestión da poboación de lobos en Galiza baseado en criterios científicos, ecolóxicos e sociais. A asociación ecoloxista sinala ademais que a propia consellería autorizou ao Xefe de Servizo da Delegación de Caza e Pesca Fluvial de Lugo a "cazar lobos ao seu libre albedrío, en esperas nocturnas e en época de cría". Para ADEGA esta acción foi desenvolvida "de costas á sociedade, ás sociedades de cazadores e dos grupos ambientalistas".
Existen moitos claroscuros nesta decisión. Por unha parte ignóranse os dereitos dos titulares dos terreos cinexéticos (TECOR) a exercer a caza ou mesmo a tomar decisións sobre os seus propios coutos. Pola outra, non parece lóxico que sexan directamente cargos da Consellería os que exerzan a caza do lobo, actividade que, por outra banda, é moi preciada en ambientes cinexéticos.
Ignóramos cántos lobos foron abatidos, por quén e en qué datas, así como o uso que se lles deu aos presuntos cadáveres: ¿foron considerados trofeos de caza ou mostras biolóxicas para desenvoler invetigacións valiosísimas sobre a bioloxía da especie?
Tamén resulta grave o feito de que tras anos de estudios de censo da poboación de lobos galegos e tras redactarse por biólogos expertos un plan de xestión serio, baseado en criterios científicos (todo pagado pola propia Consellería de Medio Ambiente), este plan esta a durmir nalgún caixón, non se aplique e se sigan a utilizar criterios caprichosos para a xestión desta especie. A aplicación dun plan como o mencionado achegaría a xestión cinexética e pobacional do lobo en Galicia á realizada noutras comunidades autónomas o que permitiría o dobre obxectivo de limitar os danos do lobo e mellorar a sua imaxe entre os diferentes sectores así como permitir a sua conservación.
É paradóxico que a Consellería aplique esta política de ‘controis’ xusto cando ven de artellar unha liña de compensaciósn por danos, longo tempo reivindicada polas organizacións conservacionistas e sindicatos labregos.
Por todo elo, ADEGA, ven de efectuar unha serie de preguntas ao própio Conselleiro de Medio Ambiente sobre esta situación caótica e incompresíbel e que, en ocasións, bordea sensiblemente a legalidade e consideramos grave e máis propia de países tercermundistas ou épocas pasadas que dun país europeo en pleno século XXI.