O arao, a pita de monte, o oso pardo, variedades de libeliñas ou o sapoconcho europeo, no apartado da fauna, e a herba de namorar, o pampillo e o lirio do monte, entre a flora, son todas especies de supervivencia pouco probábel se persisten as actuais condicións. Son datos do Catálogo galego de especies ameazadas publicado pola consellería de Medio Ambiente. A listaxe inclúe ata 404 especies de flora e fauna organizadas en varias categorías: 59 en perigo inmediato de extinción; 3 sensíbeis á alteración do seu hábitat; 95 vulnerábeis e 247 de interese especial.