Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CINCO MARIÑEIROS AÍNDA DESAPARECIDOS

Crónica dun naufraxio

O equipo de rescate atopou os dous primeiros cadáveres ás 8h. da mañá preto das illas Sisargas. Ás 8h.50 o 'Salvamar Altair' atopou outros dous corpos ao noroeste do Roncudo. Ás 9h05 apareceu na mesma zona un quinto morto. Foron xa identificados os cinco corpos atopados: Ermindo Castro Veira, veciño de Cesantes, e patrón e armador do barco; Jaime Miguélez e Antonio Sánchez, de Redondela; Enrique Díaz Vázquez, de Chapela e Manuel Refojo Sousa, de Nigrán.

- 12:32 03/06/2004
Tags:

Os cinco aínda desaparecidos son: Leopoldo Couto, veciño de Rande; Antonio Domínguez, de Cambados; Juan Antonio Cordero Novas, de Cangas; e Luis Monteagudo e José Antonio Andreu Castro, veciños de Cesantes.

O buque emitiu unha sinal de afundimento pola súa radio baliza nas proximidades das Illas Sisargas, ás 20,33 horas do mércores 2 de xuño de 2004.

O Bahía, con 5 anos de antigüidade, ten o seu porto base en Cambados, aínda que está cedido para a súa explotación a un armador de Redondela. Trátase dun barco de 18 metros de eslora, construído en aceiro e de 45 GT's, autorizado para a arte de cerco, e que viña da costeira da anchoa con 10 tripulantes a bordo.

No lugar do afundimento están traballando os servizos de Salvamento Marítimo da Xunta de Galicia e do Goberno Central. Desde a recepción da sinal emitida pola embarcación, tamén sobrevoan a zona os helicópteros Helimer Galicia, Pesca I e Pesca II, e espérase a chegada dun avión do Servizo Aéreo de Rescate. As embarcacións que están operando na zona son tres de Sasemar (Altair, Dubhe e Ibaizábal I), unha da Garda Civil do Mar (GCM 10), a patrulleira Serviola da Armada, e tres da Xunta de Galicia (Paio Gómez Chariño, Punta Festiñanzo e Serra de Santiago).


0/5 (0 votos)