"Galiza precisa que se recoñeza a figura de Alexandre Bóveda e de moitos outros que foron masacrados por un réxime incivil". O fillo de Alexandre, Luis Bóveda, ao tempo que agradecía o xesto do concello ourensán, insistía en que a familia agarda aínda que ese recoñecemento chegue tamén a nivel autonómico. Os xardíns da rúa da Barreira acollen tamén dende este martes a escultura realizada por Manuel Buciños en homenaxe ao galeguista asasinado en 1936.