Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SALÓN DO LIBRO ANTIGO DE PARÍS

Subhastan en París un manuscrito descoñecido dos "Seis Poemas Galegos" de Lorca

O Salón do Libro Antigo de París pon mañá á venda un manuscrito descoñecido dos Seis Poemas Galegos de Federico García Lorca. O único orixinal que se tiña noticia ata agora é o que se conserva no Museo da Deputación de Ourense: son cinco dos seis poemas caligrafiados por Ernesto Guerra da Cal con anotacións do propio Lorca e que era propiedade de Eduardo Blanco Amor. O manuscrito que se subhasta en París é obra de Lorca, inclúe os seis poemas completos e está ilustrado con varios debuxos do mesmo autor. Este novo orixinal sae á venda cun valor de 215.000 euros. A Xunta aínda non confirmou se vai optar á propiedade do manuscrito.

- 09:22 12/05/2004
Tags:


0/5 (0 votos)