Un segundo separou ao galego da conquista do ouro, que no esprint final non puido co neocelandés Bevan Docherty. A illa portuguesa de Madeira foi escenario dun novo éxito para o atleta ordense, que por terceira vez consecutiva sobe ao podio dun mundial (no 2002 gañou o ouro en México e no 2003 foi subcampión en Nova Celandia). O ferrolán Xavier Gómez Noya entrou oitavo. A estadounidense Sheila Taormina gaño a proba feminina, na que a galega Pilar Hidalgo, logo de ir nos primeiros postos a maior parte da carreira, rematou entrando 19ª. A próxima cita, o 26 de agosto nas Olimpíadas de Atenas.