Milleiros de sinaturas e unha forte presión da comunidade científica, varios Nobel incluídos, conseguiron que o Ministerio de Educación italiano dese marcha atrás na súa intención de botar das aulas a teoría da evolución de Darwin. Un decreto ministerial decidira hai dous meses que aos rapaces de ata 14 anos se lles contase a versión bíblica: o mundo creouno Deus en seis días. A explicación do ministerio para evitar a versión científica: os cativos precisan mitos e lendas como criterio didáctico para logo "captar mellor a verdade prosaica da ciencia". Lembrámoslles que nalgunhas rexións dos EEUU tamén se desenvolveron lexislacións que sacaron a Darwin das escolas.