A maior ampliación da historia da Unión Europea ten lugar este primeiro de maio. 74 millóns de persoas de dez estados distintos, nove linguas oficiais e dez moedas son as que achegan á UE Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia e República Checa. Estes estados escollerán tamén os seus representantes no Parlamento nas eleccións do 13 de xuño. O Parlamento organiza unha xornada de portas abertas en Bruxelas e diversos actos terán lugar por toda a Unión. A cerimonia oficial será en Dublín.
Actos oficiais do Día da Ampliación:
11.15: Preces por Europa, feitas por representantes das comunidades cristiá, xudía e musulmana de Irlanda, coa presenza do primeiro ministro irlandés e presidente do Consello Bertie Ahern, o presidente da Comisión Romano Prodi e o presidente do Parlamento Pat Cox. No castelo de Dublín.
11.30 - Conferencia de prensa dos tres presidentes: Cox, Prodi e Ahern.
17.20 : Cerimonia Oficial da Ampliación no Aras an Uachtarain (residencia do presidente irlandés). O izado de bandeiras será presenciado pola presidenta irlandesa McAleese, polo primeiro ministro Ahern e por todos os xefes de estado ou de goberno dos 25 estados membros.