‘Constitución europea para a paz, o pleno emprego e o benestar. Non ao terrorismo’. Con este lema desenvolverán os seus actos conxuntamente os sindicatos CCOO e UXT. O lema da CIG: ‘Máis e mellor emprego’. As tres formacións sindicais escolleron a cidade de Ferrol para os actos centrais das súas mobilizacións en defensa dos traballadores.
Como símbolo de solidariedade coa comarca de Ferrolterra, as comisións executivas de CCOO e UXT en Galiza optaron pola cidade de Ferrol para a súa principal manifestación neste 1º de maio. Aló estarán os secretarios xerais de UXT, Xesús Mosquera, e de CCOO, Xan María Castro, subliñando de forma especial o apoio sindical en defensa do sector naval e as súas industrias auxiliares. A CIG tamén terá o seu acto central en Ferrol, coa presencia do secretario xeral da organización, Suso Seixo.
Outras novas de Vieiros: