Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÍA INTERNACIONAL DA SEGURIDADE NO TRABALLO

"Traballo san e seguro para todos, responsabilidade empresarial"

Con este lema concéntranse este mércores en varias cidades galegas os sindicatos UXT e CCOO, en reivindicación do compromiso de empresarios e administracións coa aplicación das normativas de prevención de riscos laborais. Así mesmo, "contra a precariedade, máis e mellor emprego", será lema da convocatoria de manifestacións da CIG no próximo 1º de maio, Día Internacional da Clase Traballadora.

- 12:49 28/04/2004
Tags:

Pouco significativa foi a redución dos accidentes no traballo en Galiza nos últimos tempos. Se ben os sinistros con morte descenderon no 2003, 94 mortos fronte a 102 un ano antes, aumentou o número de accidentes graves, que pasou nese período do milleiro de sucesos. Son datos do informe sobre saúde laboral de CCOO, que a nivel estatal, as cifras sinalan no 2003 o primeiro descenso en oito anos, cun total de máis de 896 mil accidentes con baixa, 50 mil menos que no 2002 e un total de 1.033 traballadores mortos no seu posto de traballo, estatísticas que dobran a media europea de sinistralidade. O custe avaliado destas cifras sería duns 96 mil millóns de euros dende a entrada en vigor en 1996 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Este mércores hai concentracións sindicais en Santiago ás 12h30 fronte aos edificios da Xunta, en Vigo ás 12h. fronte á delegación da consellería de Asuntos Sociais e en Ferrol, ás 12h. fronte á delegación da Xunta.

Outras novas de Vieiros:

  • 'A prevención non é custo, senón investimento'

  • CCOO-Galicia
  • CIG
  • UXT Galicia


  • 0/5 (0 votos)