Case un 10% máis de galegos están sen traballo en comparación coas cifras trimestre anterior. Son datos da Enquisa de Poboación Activa, que sitúan a nosa comunidade no segundo posto pola parte baixa da lista. As cifras de destrución de emprego amosan aínda peores resultados para a nosa comunidade na evolución interanual, onde aparecemos coma pechacancelas, con 27 mil parados máis ca no mesmo período durante o ano 2003, case un 17% máis de galegos sen emprego. Sindicatos e oposición denuncian o fracaso das políticas da Xunta e que os números mostran un claro atraso na tendencia, nin sequera favorecida polo pulo do Xacobeo. Máis no Diario de Titulares.