Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PONTE NAS ONDAS PROMOVE A CANDIDATURA

A cultura galego-portuguesa, aspirante a patrimonio inmaterial da Unesco

Ponte... nas Ondas presenta o 23 de abril en Vigo a campaña de promoción da candidatura de patrimonio inmaterial galego-portugués á Unesco. O colectivo considera que a cultura luso galaica presenta en ambos os dous lados do Miño unhas características antropolóxicas e históricas comúns, como a oralidade, as festividades do ciclo agrario, a cultura marítima tradicional, a música e as formas de solidariedade colectiva, polo que lles pide aos gobernos español e portugués que presenten este acervo ante a Unesco para ser recoñecido como 'Obra mestra do Patrimonio Inmaterial'.

- 12:42 21/04/2004
Tags:

A candidatura galego-portuguesa, que será presentada o 23 de abril no Verbum de Vigo ao mediodía, está promovida polas escolas galegas e portuguesas que participaron na experiencia de radio interescolar Ponte...nas Ondas e tamén por escolas asociadas á rede da Unesco. Ponte...nas Ondas! leva dous anos traballando na redacción e nos contactos entre as institucións para a presentación da candidatura ás proclamacións do 2005-

Segundo 'Ponte...nas Ondas', a cultura galego-portuguesa está baseada na sociedade tradicional agrícola-mariñeira e abarca manifestacións mitolóxicas, festivas, artesanais, orais e musicais asociadas aos ciclos naturais. A oralidade (regueifas, cantarse de desafío), a música (cancioneiros medievais, o Pórtico da Gloria...), a cultura mariñeira (piscatorias) e as formas de solidariedade colectiva (monte comunal) son algúns dos elementos comúns.

A Unesco contempla, ademais de que cada estado presente cada dous anos unha candidatura propia, a posibilidade de presentar candidaturas multinacionais naqueles casos en que exista un patrimonio vivo e diverso que se extenda por riba das fronteiras. Nestes casos a iniciativa debe partir da base social e procurar espertar a sensibilidade das institucións e gobernos.

En canto aos criterios de selección a Unesco establece que deberá ser un patrimonio enraizado nunha tradición, en perigo de desaparición, excelente e cunha unidade cultural espallada polos diferentes estados.


Ligazóns

0/5 (0 votos)