Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ISAAC DÍAZ PARDO APOIA A CESIÓN

Sargadelos podería pasar a mans da Xunta

Isaac Díaz Pardo anuciou que a xunta de socios da Fábrica de Cerámica de Sargadelos acordou presentar unha proposta formal ao Patronato da entidade para cederlle á Xunta a xestión da empresa. Días Pardo declarou a El Ideal Gallego que está decidido a seguir adiante coa proposta a pesar das dificultades legais que implica esta decisión. "É un proceso que hai que facer con moita seriedade para que saia ben", sinalou.

- 08:56 02/04/2004
Tags:

O cofundador de Sargadelos destacou a "boa disposición" da Xunta e a novidade da proposta, xa que sería "a primeira vez que se lle entrega á Xunta unha empresa rendible e con prestixio".

Isaac Díaz Pardo negou que a decisión fose adoptada a raíz das presións dun socio da empresa que acusaba á dirección de "intentar convertir Sargadelos nun negocio inmoral" e non permitiu que se cedesen participacións ao Patronato. Díaz Pardo afirmou que "con este cabaleiro que quería facer trampas xa se falou moitas veces e dixo que non". "Como hai boa receptividade da Xunta, seguiremos adiante coa proposta e este socio quedará á marxe", engadiu.


0/5 (0 votos)