Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O 1 DE ABRIL 'VAN OS BURROS ONDE NON DEBEN IR'

Google: "caixón" de correo gratis?

Se Microsoft ameaza con competir proximamente con Google polo mercado das buscas en internet, o máis exitoso buscador parece que decidiu zouparlle a Gates no Hotmail. Así, anuncia un servizo de correo de ata 1000 MB (Yahoo ou MSN non ofrecen máis de 5 MB), que sería de balde e sen apenas publicidade. As corredoiras internáuticas xa especulan que tan gorentosa oferta ben puidera ser tan só unha brincadeira da compañía con motivo do April’s Fool Day. O Portal Galego da Língua tamén fai contribución ao 1 de abril: Isaac Alonso Estraviz entraría na Real Academia a cambio de que AGAL apoiase a Méndez Ferrín ao Nóbel.

- 16:16 01/04/2004
Tags:


0/5 (0 votos)