Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DECISIÓN DA XUNTA ELECTORAL

As manifestacións da xornada de reflexión poderían ser delito

A Xunta Electoral Central decidiu, logo de tres horas de xuntanza, estimar a denuncia presentada polo Partido Popular con relación ás manifestacións que ao longo do sábado tiveron lugar en diversas cidades galegas e do resto do Estado. A Xunta Electoral entende que as manifestacións vulneran a Lei Electoral ao non respectar o carácter da xornada de reflexión, e pon os feitos en coñecemento da fiscalía, por se quere iniciar actuacións procesais. O comunicado da Xunta fai un chamamento aos poderes públicos para que "a votación" do domingo "transcorra coa orde e liberdade necesarios para a efectividade do dereito de sufraxio de todos os electores".

- 01:17 14/03/2004
Tags:


0/5 (0 votos)