Ás 22:00 hai convocadas concentracións en todas as cidades do estado: Madrid, Palma, Barcelona, Valencia, Bilbo... As concentracións leváronse a cabo a través de SMS e correos electrónicos en todas as cidades do estado. Ás 24:00 h. está convocada unha cazolada na Puerta del Sol madrileña.
Unhas 5.000 persoas concentráronse nneste serán diante da sede do Partido Popular, na rúa Génova de Madrid. Os manifestantes, nun ambiente crispado, berraron contra a manipulación informativa e pediron unha explicación sobre os atentados do 11-M.
En Barcelona participaron uns sete milleiros de persoas nunha concentración ao serán e agora á noite estase desenvolvendo unha cazolada polas rúas céntricas da cidade.
En Euscadi desenvolvéronse concentracións en Bilbo, Donosti e Gasteiz para as 22:00 h. En Bilbo houbo 300 persoas.
Tamén se celebraron manifestacións e concentracións en Palma, Valencia (5.000 persoas), Alacante (400), Xirona (1.500 persoas), Vic, Sevilla (200), Xixón (300), Valladolid (150) ou Zaragoza (1.700)