Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CANDIDATO DO PP COMPARECE ANTE A PRENSA NA XORNADA DE REFLEXIÓN

Rajoy esixe que cesen as concentracións ante as sedes do PP

O candidato do PP, Mariano Rajoy, pediu que cesaran as manifestacións porque son "un acto antidemocrático de presión" un día antes da celebración das eleccións. Rajoy anunciou que o PP denunciou ante a Xunta Electoral Central estes feitos e demandou medidas "para que o proceso electoral se desenvolva en liberdade e sen coaccións". Mariano Rajoy, que compareceu ante a prensa en xornada de reflexión, esxiulle aos organizadores que desconvocaran as concentracións e cualificounas de "grave mostra de intolerancia". Acusou os "líderes dalgúns partidos" de alentar as manifestacións coas súas declaracións e asegurou que "están dirixidas a influir nas eleccións".

- 20:26 13/03/2004
Tags:


0/5 (0 votos)