Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOBILIZACIÓNS CONTRA A PRECARIEDADE DO EMPREGO

Día da clase obreira galega

En lembranza de Daniel Niebla e Amador Rei, os dous traballadores de Bazán asasinados en 1972, cada 10 de marzo os sindicatos convocan en Galiza esta xornada de mobilización en defensa dos dereitos dos traballadores. Na base das reivindicacións varios datos: un 13,45% de desemprego, moi por riba da media estatal; o 35% de contratos eventuais; un 11% de traballadores por conta allea sen contrato nin prestacións sociais de ningún tipo; o desmantelamento dos sectores productivos; o endurecemento do Código Penal que se aplica aos conflitos sociais e laborais; a falta de control da Inspección de Traballo; 17 mil mozos emigrando cada ano…

- 09:54 10/03/2004
Tags:


5/5 (1 votos)