Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Programación especial na TVG

A TVG decidiu modificar a súa programación para renderlle homenaxe a Vidal Bolaño.

- 12:10 11/09/2002
Tags:

A partir das 16.30 horas a TVG ofrecerá os filmes 'Sempre Xonxa', de Chano Piñeiro, e 'A lingua das bolboretas', de José Luis Cuerda, nas que participou o actor.

Pola noite, logo do Telexornal, haberá un programa especial que fará un percorrido pola súa traxectoria teatral, ao tempo que se lembrarán as súas colaboracións cinematográficas e televisivas.

O vindeiro sábado, dentro do novo espacio 'Curtametraxes Galegas' se ofrecerá 'O resplandor da morte', da directora Milagros Bará, protagonizada por Roberto Vidal Bolaño, e que narra a historia dun neno que vive nunha familia dominada por un pai autoritario.

O luns ás 20.30 o programa de literatura 'Ó pé da letra' realizará unha reportaxe especial sobre Vidal Bolaño no que se emitirá unha pequena entrevista realizada recentemente.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: